26/08/08: Vigo – Ruta da Auga + Mámoas (Redondela)

DATOS RUTA: IBP

Tipo ruta: circular

Horario comezo (aprox.):19:55

Horario fin (aprox.): 21:30

Dificultade: baixa – media

Detalle da ruta:

INFO RUTA EN WIKILOC

PERFIL DA RUTA:

Deixe un comentario »

25/08/08: Cedeira – Ruta das mámoas (Redondela)

DATOS RUTA: IBP

Tipo ruta: circular

Horario comezo (aprox.):20:00

Horario fin (aprox.): 21:30

Dificultade: baixa – media

Detalle da ruta:

INFO RUTA EN WIKILOC

PERFIL DA RUTA:

Deixe un comentario »

24/08/08 – Cangas-Barra-Cangas

Deixe un comentario »

23/08/08: Cedeira CV

Deixe un comentario »

21/08/08: A Formiga

DATOS RUTA: IBP

Tipo ruta: circular

Horario comezo (aprox.):20:00

Horario fin (aprox.): 21:30

Dificultade: baixa – media

Detalle da ruta:

A ruta comeza na estrada nacional N552, á altura de A Formiga, cun comezo durísimo (case imposible realizar a ascensión indicada polo GPS sen baixar da bici). Para non ser menos, continúa ascendendo, dirección ao alto de Cedeira, durante case 5 kilómetros. Coma o día que se realizou o trazado poallaba continuamente, a dificultade incrementouse de xeito considerable. Tramos de barro, lodo, sendeiros cubertos de auga, silveiras, toxos, e algúns metros de asfalto, antes de comezar o descenso, de uns 4 kilómetros, e o máis divertido ata agora realizados: auga nas pernas, barro, pedras, esbaróns, e incluso un pequeno tramo (150mts) de trialera!!!.

Remato fatigado, empapado, pero cunha sensación de diversión que ata agora non tivera na bici. A por máis!!!

INFO RUTA EN WIKILOC

PERFIL DA RUTA:

Deixe un comentario »

20/08/08: GR53 – Montes Coruxo

DATOS RUTA: IBP

Tipo ruta: circular

Horario comezo (aprox.): 19:30

Horario fin (aprox.): 20:30

Dificultade: baixa – media

Detalle da ruta:

A ruta comeza no punto indicado no monte de Coruxo como inicio da GR53. Dende este punto, comeza unha ascensión de aproximadamente dous kilómetros, case continuada, e de dificultade baixa-media. O problema de esta ascensión será o tempo, xa que ao tratarse dunha pista forestal ancha, se o día é bo, o sol nos pegará directamente sobre as costas, dificultando a subida. Sen embargo, aínda tendo en conta esta subida, o máis fermoso da ruta é a visión do final da ría de Vigo que se presenta á nosa esquera, segundo ascendemos. En primeiro plano, a illa de Toralla, a praia do Vao, ao fondo, as illas cíes. Ao chegar ao cumio (alto da Chan), seguimos polo pequeno sendeiro, e imos enlazando, segundo a ruta guiada polo GPS.

A partir de este punto, a ruta faise moi sinxela, con pequenas subidas, e unha longa, prolongada e divertida baixada, de case 6 kilómetros.

P.D.: non se trata de ningún tramo completo da ruta GR53, só ten o comezo.

INFO RUTA WIKILOC

PERFIL DA RUTA:

Deixe un comentario »

19/08/08: Nova bici: Lapierre Tecnic 400

Hoxe chamáronme da tenda onde merquei a bici, para confirmarme que podía pasar a recollela cando quixera. Fun a última hora, e dende entón, coa típica cara de embobado, como un neno cun xoguete novo.

Agora, a rodar con ela, e agardar que as satisfaccións sexan maiores que os problemas.

Deixe un comentario »

15/08/08: REDONDELA – GALLEIRO – REDONDELA

DATOS RUTA: IBP

Tipo ruta: circular

Horario comezo (aprox.): 9:30

Horario fin (aprox.): 13:30

Dificultade: baixa – media

Detalle da ruta:

Como se trataba da minha primeira ruta, a sensación de nerviosismo, as ganas, as forzas a tope, a nova vestimenta (culotte e botas, que realmente eran prestadas), facían que as ganas por partir fosen moitas. Saín, pois, a iso das 9 e media da manhán, despois de darme un almorzo reponhedor, para estar preparado para a xornada. Conmigo, como sempre, o meu GPS, para irme indicando por onde ía en cada momento, así como ir marcando a ruta, para posteriormente subila. Atravesei Redondela, subin hacia Reboreda, onde tamén me desvío para comezar a ascensión. Como se trata da minha primeira ruta, a ascensión (que realmente non é suave) fáiseme dura, e moi longa. Polo caminho me cruzo con outro ciclista, algo maior, e cun ritmo máis lento, con quen mantenho unha mini-conversa, mentres prosigo a subida. Máis tarde cruzaríame co mesmo tipo un par de veces máis (as dúas veces que me perdin), a última cando el pinchara, e non tinha repostos. Despois da ascensión, paro case no cumio, para poder deleitarme das incribles vistas que hai: á minha dereita, a enseada de San Simón, coa praia de Cesantes, o peirao e a vila de Redondela; de fronte, o monte de Cedeira, coa zona da Formiga en primeiro plano; e á minha esquerda, a cidade de Vigo, coa súa defensa natural ao fondo, as illas Cíes. Aproveito para reponher forzas e beber en abundancia, antes de continuar unha nova, e xa máis suave, ascensión. Cando chego ao cumio (e xa van sobre 17 kms), comezo o descenso, de case 3 kms de distancia, e donde decido (erróneamente) baixar por unha zona demasiado vertical para meus comezos. O resultado, dúas caídas case parado, e ter que baixar a pe. Cando chego ao km 20, comeza novamente unha forte ascensión, de case 3kms, e que terá como recompensa o final de etapa, de máis de 10kms de descenso case continuado, moi divertido.

Chego exausto a Redondela, pero sobre todo, satisfeito polos máis de 35 kms realizados.

INFO RUTA EN WIKILOC

PERFIL DA RUTA:


Deixe un comentario »