DATOS RUTA: IBP
Tipo ruta: circular
Horario comezo (aprox.): 9:30
Horario fin (aprox.): 13:30
Dificultade: baixa – media
Detalle da ruta:
Como se trataba da minha primeira ruta, a sensación de nerviosismo, as ganas, as forzas a tope, a nova vestimenta (culotte e botas, que realmente eran prestadas), facían que as ganas por partir fosen moitas. Saín, pois, a iso das 9 e media da manhán, despois de darme un almorzo reponhedor, para estar preparado para a xornada. Conmigo, como sempre, o meu GPS, para irme indicando por onde ía en cada momento, así como ir marcando a ruta, para posteriormente subila. Atravesei Redondela, subin hacia Reboreda, onde tamén me desvío para comezar a ascensión. Como se trata da minha primeira ruta, a ascensión (que realmente non é suave) fáiseme dura, e moi longa. Polo caminho me cruzo con outro ciclista, algo maior, e cun ritmo máis lento, con quen mantenho unha mini-conversa, mentres prosigo a subida. Máis tarde cruzaríame co mesmo tipo un par de veces máis (as dúas veces que me perdin), a última cando el pinchara, e non tinha repostos. Despois da ascensión, paro case no cumio, para poder deleitarme das incribles vistas que hai: á minha dereita, a enseada de San Simón, coa praia de Cesantes, o peirao e a vila de Redondela; de fronte, o monte de Cedeira, coa zona da Formiga en primeiro plano; e á minha esquerda, a cidade de Vigo, coa súa defensa natural ao fondo, as illas Cíes. Aproveito para reponher forzas e beber en abundancia, antes de continuar unha nova, e xa máis suave, ascensión. Cando chego ao cumio (e xa van sobre 17 kms), comezo o descenso, de case 3 kms de distancia, e donde decido (erróneamente) baixar por unha zona demasiado vertical para meus comezos. O resultado, dúas caídas case parado, e ter que baixar a pe. Cando chego ao km 20, comeza novamente unha forte ascensión, de case 3kms, e que terá como recompensa o final de etapa, de máis de 10kms de descenso case continuado, moi divertido.
Chego exausto a Redondela, pero sobre todo, satisfeito polos máis de 35 kms realizados.
INFO RUTA EN WIKILOC
PERFIL DA RUTA:
